OS ROLES RADIOFÓNICOS

OS ROLES RADIOFÓNICOS.

Os programas de radio soen ser feitos en equipo, aínda que tamén se pode dar o caso de que unha persoa so  asuma todas as funcións e realice o programa a modo de diskjokey.  Habitualmente non soe ser así, xa que de feito canto maior é número de profesionais que están detrás dun programa de radio maior soe ser a calidade do mesmo, e por iso detrás de todas as voces da radio famosas (Julia Otero, Quico Noboa, Luís del Olmo) sempre hai un  equipo traballando na detrás dos micros.

Sen querer ser moi exhaustivo imos ver os principais roles radiofónicos,  analizar cales son as súas funcións e cales son as habilidades que teñen que desenvolver.

  • Locución.
      1. Conductor/a: É a voz que leva o fío do programa e que dota dun “rostro” radiofónico ao programa. Leva as rendas do programa, ten que ser quen de harmonizar e dirixir as diferentes voces do programa baixo certa liña programática e, polo tanto, ten que liderar dalgún xeito a emisión.
      2. Columnista: Encargado dunha sección propia. Soe ser un espacio que se deixa dentro do programa onde un locutor colaborador fai unha achega propia e de moi variada temática (libros, cine, saúde, deportes, consultorios, etc…).
      3. Cronista. E un xornalista encargado de facer reportaxes gráfico e sonoros na procura da nova fóra da radio. Soe aportar testemuñas, entrevistas ou documentos sonoros para enriquecer o programa e se soe dicir que son os ollos e as orellas da radio.
  • Técnico de son.
  1. É o encargad@ de ensamblar os diferentes arquivos sonoros nún único formato para que poda ser emitido por antena. Se lle esixe habilidade técnica no manexo dos equipos, unha boa comunicación non verbal con todo o equipo e ser quen de interpretar o que vai pasando ao longo do programa para solventar calquer tipo de incidencia.
  • Producción.
    1. Produción periodística ou redacción. É onde se redactan as novas, se sintetiza a información que chega a radio e se facilitan os textos para a locución.
    2. Produción comercial. E a encargada de conseguir anunciantes e realizar as cuñas publicitarias.
    3. Produción artística. Tamén se ocupa do contido, pero máis vencellado ao musical e aos efectos, sendo quen de procurar cotiñas e  fondos músicas que acompañen dun xeito adecuado aos diferentes contidos radiofónicos.

No noso programa escolar é importante fomentar unha dinámica colaborativa e o traballo en grupo. É importante que non se sedimenten os mesmos roles nas mesmas persoas, senón que durante o curso fagamos rotacións é que todo o mundo teña oportunidade de experimentar diferentes roles.

A radio ten que ser un espazo de inclusividade, polo tanto, se trata de axudarnos mutuamente para conseguir unha boa participación.

E importante implicar ás familias e invitalos a que tamén participen na radio escolar, nese senso a familias, amigos ou coñecidos poden ser ouvintes, participar nos contidos da radio escolar a través de Internet ou ven ser invitadas aos diferentes programas como convidados.