Cadena SER Monforte.

Unha comunidade de aprendizaxe é un modelo de pedagoxía sistémica que pretente romper co maxistocentrísmo e a educación programática,  na medida en que se trata de fomentar dinámicas de participacións onde tod@s aprendamos de tod@s.

É unha xeito de traballar enfocado aos proxectos, ser quen de chegar a facer un programa de radio sobre algo, bucar información, planear, organizarse, traballar en común para, chegado o momento, graba-lo programa.  E facer todo esto dun xeito aberto, invitando a participar as familias, aos adestradores, aos amigos, e sendo quen de integrar os saberes de calquer disciplina. Todo o mundo cabe na radio escolar.  Hai mil temas que tratar como moitos roles a desenvolver,  de tal xeito que a radio promoverá actividades inclusivas, abertas a alteridade.

Para levar a cabo esta actividade contamos con valiosa colaboración de nosa radio local de confianza, RADIO PRINCIPAL – CADENA SER MONFORTE,  que dende o mínuto un se mostraron receptivos a esta iniciativa e dispostos e dispostas a colaborar na eduación da mocidade monfortina.

 

Para ver todos os programas de  Cadena SER premer aquí