Nós somos de aquí: Traballo de campo.

Nós somos de aquí.

Á procura das orixes.

Proposta de traballo de campo e investigación de lingua galega, xeografía e bioloxía.

 

Parte  audiovisual:
  • Grava un breve video co móbil presentando a túa aldea, comenzando polo cartel de sinalización do lugar co alúmno/a dicindo: “Eu son de eiquí”.  Se a túa familia é de lonxe podemos pensar alternativas imaxinativas.
  • Escolle unha persoa maior da aldea ou algún familiar para realizar unha entrevista a un informante clave para que nos proporcione informacións relevantes para a nosa investigación interdisciplinar:
    • Como era a vida nas aldeas.
    • A súas experiencias biográficas.
    • Os oficios: labrego, carpinteiros, ferreiro, muiñeiro, costureira…..
    • Superticións:  Santa Compaña, ánimas, mal de ollo,  etc….
    • Lendas do lugar: os mouros e o castro, as mouras os pitiños de ouro, a trabe de ouro e a de alcatrán, o lobishome, a meiga, avisos da morte, aves de mal agoiro, esconxuros ou plantas e remedios sanadores, etc…..
    • A música: coplas e cantares…..
    • Festas: o entroido, a festa do lugar, etc.
    • Aproveitamento de plantas da contorna: fins medicinais, alimentación de persoas ou gando, estrume, venta, etc…
    • A horta: principais especies agrícolas cultivadas, labores agrícolas, métodos de eliminación de pragas (roedores, insectos…), variedades vexetais desaparecidas, etc…
    •  Biodiversidade da zona: aves, peixes, plantas, cogomelos, mamíferos…De ser o caso, causas da disminución da biodiversidade.
    • Percepción de cambios no clima con respecto á actualidade: choiva, temperatura, xeada, névoa, neve, carambelos, caudal dos cursos de auga, etc.
    • Celebracións, festas ou lendas en torno a algún referente do medio natural: monte, árbore, carballeira, penedo…
    • O que teña a ben lembrar para nós.

Lembra que a persoa entrevistada está regalándoche o seu tempo e o seu saber, deixa que conte o que queira e do xeito e no momento máis agradable

Parte escritural:

A parte escrita pode ser un documento feito a través dun procesador de texto (Word, LibreOffice,….) ou dun programa de presentacións (PowerPoint, Presentación de Google, …) onde figuren as seguintes informacións:

  • Á procura das orixes. A miña aldea (escoller na que se habita, ou , no caso de vivir en Monforte, escoller a terra natal do pai ou da nai coa que se teña máis contacto ou que se desexe investigar. Podemos empezar polo nome, a localización e o número de habitantes.
  • A partir de aí podemos expor informacións que teñan  interese antropolóxico:  alcumes das casas, xeografía próxima, toponimia, historia do lugar, etc…..
  • Podemos falar tamén da casa familar e dos seus habitantes,  utilizar a árbore xenealóxica que fixeras na materia de galego,  recoller fotografías do pasado,  cartas, ferramentas, etc….
  • O fin de esta investigación será tomar máis conciencia das nosas raices coñecendo mellor de onde vimos.
Apendice:  Cara un novo programa de radio.

Se a experiencia pedagóxica foi nutritiva e pensamos que o material audiovisual que recollimos pode ter interese para a nosa audiencia e nos apetece facelo, ben poideramos grabar algúns programas de radio baixo a temática de “Nós somo de aquí”.

Ímolo vendo, folgos!

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *