Pautas para a realización de guións radiofónicos

A Escaleta: imos emitir. Unha forma de planificar e organizar un programa é o emprego da escaleta ou guión técnico. A escaleta é a estrutura do programa; é como o ándamo ou a estantería na que iremos colocando todo o contido. A escaleta permítenos deseñar a estrutura xeral do programa e organizar os seus elementos no tempo dun xeito coordinado. A nosa proposta de escaleta para programas escolares é moi sinxela, consiste en contemplar ao menos tres aspectos importantes: o contido ou temas a tratar, os recursos sonoros a emplear e a súa articulación no tempo.

Como escribir para falar: Aquí tedes algunhas pautas -adaptadas de R. McLeish (1985)- sobre como escribir para falar:

  • Procura ser sinxelo, usa palabras claras e de fácil comprensión.
  • Utiliza un vocabulario asumible y frases cortas.
  • Ante calqueira tema, non intentes abarcalo enteiro; é mellor contar pouco e que se entenda.
  • Usa a reiteración, pero non canses.
  • Utiliza os signos de puntuación axustándote máis ao teu ritmo e a túa forma de falar que ás convencións escritas.
  • Se dás cifras, redondea (por exemplo, é mejor dicir “139.000”, ou ben, “máis de 139.000”, que “139.452”…)
  • Que non se note que estás lendo. Ensaia para que a túa pronuncia sexa o máis natural posible.
  • Fai unha relación dos puntos básicos que queres contar, ordenándoos con certa lóxica e busca unha estrutura sinxela. (Elaboración da escaleta.)
  • Existe una regla de ouro para todo programa: a primeira fase debe interesar; la segunda, informar.
  • Lembra que é mellor inventar que quedarse trabado ou ler sen fluidez, sempre e cando o que improvises teña sentido e non malogres o contido.
  • Mantén unha boa comunicación (verbal e non verbal) con todo o teu equipo.

A lingüaxe técnica

Na radio existe un código ou argot radiofónico que permite organizar todos os elementos que interveñen na comunicación radiofónica. Veleaí algúns dos termos que máis imos a usar na realización dos nosos programas:

  • Sintonía: música que identifica o programa, é a súa sinal de identidade.
    • Sintonía de entrada: a sintonía que abre o programa.
    • Sintonía de saída: a sintonía que cerra o programa.
  • Plano sonoro: a “distancia” á que percibimos el so. Hai varios tipos de planos, pero  nos utilizaremos dous: o Primer Plano e a Música de Fondo.
    • Música a Primeiro Plano: a música ocupa todo o espazo sonoro.
    • Música de Fondo: la música acompaña por debaixo das voces.
  • Música desvanece: a música va baixando aos poucos.
  • Música cesa: a música xa no se volve a poñer e podemos ocupar esa pista co seguinte tema.
  • Música resolve: se deixa que a peza musical acabe.
  • Funde: trátase de mezclar dous sons ou músicas
  • Refaga ou efecto: paso ao primeiro plano dun son durante muy pouco tempo.
  • Insertar: indica cando se pon unha canción,  efecto ou grabación.
  • No aire: é cando as nosas voces están sendo gravadas e/ou emitidas.
  • A micro pechado: é cando podemos falar libremente poque non estamos “no aire”.
  • Pausa: silencio (canto menos pausas mellor!)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *